Iniciouse o Torneo Amistad coa Copa e a Recopa (27/11/2021)

O torneo de fútbol 11 da SCD Amistad comezou esta pasada fin de semana co trofeo de Copa, no que participaron 8 equipos nunha rolda a partido único (cuartos de final). Debido ao parón da ponte de decembro, esta fin de semana non haberá fútbol na SCD Amistad, polo que as semifinais se disputarán o vindeiro sábado 11 de decembro.

Nesta edición, o trofeo de Copa vano disputar os catro gañadores dos cuartos de final: Satanases, Inter Bolivia, Guizán Veiga e América.

Os catro equipos perdedores en cuartos, Ferrovigo, Couso, Rosquillerías Cristaleiro e La Praderita, pasarán á Recopa, xogando tamén as semifinais o vindeiro sábado 11 de decembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *