Resultados da última xornada (18/12/2021)

A fin de semana antes do parón de Nadal (18 e 19 de decembro de 2021) disputáronse as fases finais dos trofeos de Copa e Recopa no Torneo Amistad de Vigo, das que saíron vencedores os equipos Inter Bolivia e Ferrovigo. Nas finais de consolación proclamáronse vencedores os equipos Waka Fornelos e La Praderita, que acadaron o 3º posto en cadansúa participación.

Por outra parte, tamén houbo fútbol na AD Redondela, que xa vai pola 3ª xornada de Liga.

Desde aquí queremos felicitar a toda a xente que forma parte da familia da SCD Amistad, desexando que o 2022 traia os mellores desexos para tod@s. E especialmente, mandamos os nosos parabéns aos equipos Inter Bolivia (Campión de Copa) e Ferrovigo (Campión da Recopa) polos triunfos colleitados nestes trofeos iniciais da temporada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *